Evento: Xincana literaria sobre Otero Pedrayo

  • Xincana
sábado, 29 setembro, 2018 - 18:00
Biblioteca de Galicia
, Santiago de Compostela

Xincana literaria sobre Otero Pedrayo

Actividade ao aire libre a cargo de Xandobela para público familiar, a partir dos 5 anos de idade.

Actividade ao aire libre para achegar aos nenos e nenas e ás súas familias a unha serie de contidos culturais e históricos relacionados coa vida e obra de Ramón Otero Pedrayo no 130º Aniversario do seu nacemento.

A través de xogos con formato de xincana e xogo dramatizado, os/ as educadores/as caracterizados para esta ocasión serán os encargados de dirixir o desenvolvemento da actividade, propoñendo aos participantes distintos retos, enigmas e probas a superar na xincana, facilitando e garantindo a coherencia narrativa do xogo.

Para a realización das probas deseñaranse e confeccionaranse en exclusiva materiais lúdicos cunha gran presenza escénica en consonancia coa exposición que se pretende dinamizar.

Duración: 90 minutos

Prazas: 50

De balde, previa inscrición.

Máis eventos de tipo Outras actividades

CARTEL Día a Biblioteca 2018
Celebramos o día da Biblioteca
15 de outubro a 28 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XXVII Semana Micolóxica
15 de outubro a 19 de outubro
Casa da Cultura
A incrible historia da maxia
19 de outubro
Axencia de Lectura Municipal de Tordoia
DÍA DA BIBLIOTECA
24 de outubro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel