Evento: As Nocturnas 2018
As Nocturnas 2018
As Nocturnas 2018
Visitas comentadas con petiscos e música
O Museo Centro Gaiás abre as súas exposicións ao público os venres pola noite na edición de 2018 das Nocturnas. Estas particulares visitas inclúen non só comentarios sobre as mostras visitadas senón ademais música e petiscos.
As dúas primeiras xornadas, as do venres 24 e 31 de agosto, o percorrido será a partir das 21 horas pola exposición Baldomero Pestana, a verdade entre as mans. As visitas dos venres 7 e 14 de setembro farase no mesmo horario, coa vontade de afondar na mostra Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación.
Todas inclúen unha sesión DJ e unha degustación ou cata de queixos, grazas á colaboración da D.O.P. Arzúa Ulloa.
Máis eventos de tipo Exposición