Evento: As vacacións máis longas
As vacacións máis longas
As vacacións máis longas
Espectáculo de danza a cargo do coreógrafo Diego Buceta
Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha loga viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse ata desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.
Ligazóns