Evento: Commedia

venres, 18 xaneiro, 2019 - 21:00
Teatro Lauro Olmo
, O Barco de Valdeorras
Espectáculo teatral a cargo de Contraproducións

Elenco:

Víctor Mosqueira

Marcos Orsi

Nuria Sanz

Sergio Zearreta

Avelino González 

César Goldi

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia, un juguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego con máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisítase aquela experiencia. 

Arlecchino atopa unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero é detido por unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano ou a encantadora Arxentina...

Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, da pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade. 

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Tanatorium
21 de marzo, 20:30
Sala Principal- Auditorio municipal de Ourense
D.E.P.
22 de marzo, 21:00
Auditorio Municipal de Vigo
Anatomía dunha serea
22 de marzo, 21:00
Casa da Cultura do Milladoiro
A compañeira de piso
22 de marzo, 21:00
Casa da cultura Ramón Martínez López