Evento: Agrupación Musical da Limia
Agrupación Musical da Limia
Agrupación Musical da Limia
Concerto do ciclo Música no Camiño
O mes de agosto trae novamente ás rúas de Compostela o ciclo Música no Camiño, con concertos nas rúas de Compostela, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan a Santiago. Participarán bandas de música popular de Galicia que teñen como obxectivo difundir a cultura xacobea.
Nesta ocasión, a Agrupación Musical da Limia, dirixida por José Luis Tielas, ofrecerá unha actuación de balde.
Programa organizado por Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares.
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto