Evento: La coquette

La coquette
domingo, 12 agosto, 2018 - 19:30
Estatua de Loriga,
Lalín

La coquette

Espectáculo de Kanbahiota

Trátase dun espectáculo de aéreos con Rossina Castelli e Abraham Pavón como protagonistas, que achegan unha nova proposta de acrobacias aéreas con impresionantes rutinas de trapecio, escada e verticais. Todo isto sen esquecer o humor e o clown, que acompañan a espectacularidade dos números da troupe de Kanbahiota. Un espectáculo de acrobacias aéreas para toda a familia realmente orixinal e novidoso; cunha coidada estética na posta en escena, Kanbahiota volven anovar o panorama dos aéreos en España despois do seu traballo en Francia e Bélxica na creación dos números de La Coquette. Rutinas elegantes, espectaculares e divertidas cunha presentación moi novidosa. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as depuradas técnicas aéreas deste novo espectáculo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona