Evento: Baleas e baleas

xoves, 23 agosto, 2018 - 20:00
NUMAX
, Santiago de Compostela

Baleas e baleas

Presentación do libro de Luisa Castro

En 1988 chegaba ás librarías Baleas e baleas, o primeiro e único poemario en galego asinado por Luisa Castro ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois convertido nun libro de culto. Considerado como un dos títulos máis rompedores das últimas décadas do pasado século, o discurso provocador e profético de Baleas e baleas non deixou indiferente nin a crítica nin a persoas lectoras. A editorial Galaxia vén de reeditar esta alfaia das máis importantes renovacións poéticas das últimas promocións.

Na presentación, a autora estará acompañada polos poetas Antón Lopo e Ismael Ramos.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

I Xornada de Bibliotecas Públicas
26 de outubro
Cidade da Cultura de Galicia
O rol da muller na literatura de tradición oral
27 de outubro
Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo
Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro
7 de novembro a 9 de novembro
Museo Provincial de Lugo
Más allá del camino
Más allá del camino. La gran búsqueda de Santiago Erendi
23 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo