Evento: Da Tradición á Modernidade

  • Da Tradición á Modernidade
xoves, 25 outubro, 2018 a mércores, 8 maio, 2019
MARCO - Museo de Arte Contemporánea
, Vigo

Da Tradición á Modernidade

Unha aproximación crítica á historia dos temas, xéneros e soportes

Partindo da idea de que é imposible entender os comportamentos artísticos do presente sen coñecer a súa intrahistoria, este curso formula unha aproximación crítica aos grandes xéneros que serviron de soporte ás creacións artísticas dende a prehistoria ata a actualidade. 

Ao longo de vinte e dúas sesións iranse analizando temas e xéneros como o retrato, o espido, a paisaxe; non só dende unha perspectiva cronolóxica senón trazando vínculos transversais entre diferentes xéneros, correntes, movementos e tendencias estilísticas, tendo sempre en conta o seu contexto, que en definitiva se converte en elemento determinante do resultado estético. 

Abordaranse tamén dun modo especial cuestións como a desaparición da figuración, un aspecto revolucionario e esencial nas vangardas históricas, e a súa posterior recuperación dende perspectivas moi diferentes, como o surrealismo, o pop, ou a nova figuración. 
 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Tech STEAM
5 de xuño a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Arte e Natureza. Laboratorio de creación artística
5 de xuño a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiros de verán 2019
19 de xuño a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro no Museo Liste de Vigo
Xogando en familia
20 de xullo
Museo Liste Vigo