Evento: Graciela Iturbide
Graciela Iturbide
A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 186 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
Con esta exposición, a Fundación Barrié prosegue a súa aposta pola contemporaneidade da fotografía, e continúa a súa liña de exposicións temporais dedicada a clásicos da fotografía, que permitiu amosar as imaxes de grandes fotógrafos como Paul Strand, Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams, Català-Roca ou do brasileiro Caio Reisewitz.
Máis eventos de tipo Exposición