Evento: Xornada literaria e de lecer arredor da figura de Otero Pedrayo

  • Casa Grande de Cimadevila | Imaxe: Fundación Otero Pedrayo
Xornada literaria e de lecer arredor da figura de Otero Pedrayo
sábado, 15 setembro, 2018 - 11:00
Casa Grande de Trasalba,
Amoeiro

Xornada literaria e de lecer arredor da figura de Otero Pedrayo

Visitas e charlas sobre o autor e os seus intereses

A Casa Grande de Cimadevila será o punto de encontro para unha xornada centrada no escritor Ramón Otero Pedrayo. A xornada comezará cun percorrido literario pola contorna da casa do autor, do que se cumpriron 130 anos do seu nacemento en 2018. De volta na vivenda haberá un xantar conxunto no patio, paseo polos xardíns e visita á propia casa.

A xornada complétase cunha charla sobre Domingo Fontán. O historiador, arqueólogo e profesor de literatura Alfonso Vázquez Monxardín falará sobre a figura e o legado do científico galego Domingo Fontán (1788-1866), autor da prezada Carta geográfica de Galicia, ao que este ano se lle dedica o Día da Ciencia en Galicia. A paixón de Otero Pedrayo pola xeografía é coñecida e foi a que o levou a opositar á cátedra de xeografía e historia no instituto de Ourense que hoxe leva o seu nome. Anos despois da súa depuración, logo da contenda civil, obterá a cátedra de xeografía e historia na Universidade de Santiago de Compostela. O escritor tiña, cando menos, dous exemplares do mapa de Fontán, e consérvase na casa un dos orixinais. 

 

Capacidade máxima: 50 persoas

Dificultade: media-baixa

Inscrición: do 1 ao 12 de setembro en actividades@espazossonoros.org

 

Este evento forma parte da programación de Espazos Sonoros 2018, unha proposta cultural organizada pola Xunta de Galicia para achegar á cidadanía a lugares singulares do patrimonio, a través dun programa de actuacións de música e visitas.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense