Evento: Marés
Marés
No marco do Quinteiro de Temperán, en O Grove (Pontevedra), unha casa de labranza reconstruída ao xeito do século XIX, a agrupación Marés realizará a primeira actuación deste ano do ciclo Espazos Sonoros, baixo o nome Iberian Crossroads.
Marés está fundada pola soprano Patricia Cadaveira, quen tamén toca o saxofón alto, e por Marcel Pascual Royo, vibráfono. Completan o grupo Juanjo Martín Martí, contrabaixo, e Carlos Ronda Mas na percusión. A súa proposta musical mestura a autores como Falla, Granados ou Turina con flamenco, jazz, fado e canción de autor, afondando tamén nas raíces musicais de Galicia e Cataluña.
Este evento forma parte da programación de Espazos Sonoros 2018, unha proposta cultural organizada pola Xunta de Galicia para achegar á cidadanía a lugares singulares do patrimonio, a través dun programa de actuacións de música e visitas.
Máis eventos de tipo Concerto