Evento: Tangata
Tangata
Tangata
Concerto 30 aniversario
Tangata é unha formación musical con 30 anos de traxectoria, durante os que evolucionou pasando de ser un trío de bandoneón, piano e contrabaixo, a un cuarteto coa incorporación do violín. Os músicos que compoñen a banda son Artigas Anelo (bandoneonista), Laura Quintillán (violinista), Alberto Vilas (pianista) e Gustavo Adolfo Barcia (contrabaixo).
O seu repertorio é moi extenso, e nos seus concertos o grupo fai un repaso pola historia do tango, interpretando desde os temas máis clásicos ata os máis modernos e innovadores.
Nesta ocasión ofrecerá un concerto xunto coa Orquestra Clásica de Vigo.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto