Evento: Abmiram Quartet

  • Abmiram Quartet
Abmiram Quartet
venres, 20 xullo, 2018 - 22:30
Praza da Leña,
Pontevedra

Abmiram Quartet

Ciclo de Música Sons no Ar-co 2018

Durante dous venres de xullo consecutivos celébrase o Ciclo de Música Sons no Ar-co 2018, que acollerá dúas propostas distintas e contrastantes, cosmopolitas en ambos os dous casos. 

Abmiram Quartet é un grupo formado por catro novos percusionistas vigueses, creado expresamente para participar no concurso televisivo Got Talent España de Telecinco, onde acadaron un notable éxito como semifinalistas. O seu obxectivo é achegar a música clásica ao público, facéndoa amena sen deixar de lado a calidade. Para iso empregan un instrumento pouco habitual no repertorio: a marimba. 

Os intérpretes engaden á execución virtuosística das pezas algúns gags humorísticos, dramatización e, dentro do que a execución instrumental lles permite, incluso o baile. 
 

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53
Candlelight: Tributo a Coldplay
20 de abril
Campillo de San Francisco, 3