Evento: Atlántica

sábado, 15 setembro, 2018 - 23:30
Sala Super 8
, Ferrol
Concerto de Iria Estévez

Iria Estévez, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como Clave de FAdo (seleccionada polo INTERFADO de Cataluña) ou Arifi (gañadores do concurso internacional Castilla Folk) e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: Atlántica.

Con esta proposta Iria Estévez transpórtanos a terras próximas e afastadas, a través das músicas que navegan no noso mar. O fado, o son, a cantiga galega, músicas de Cabo Verde a Arxentina, que reflicten o eterno navegar; ás veces sereno e suave e, outras, enérxico e intenso.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Zënzar, 30 anos de rock en galego
28 de setembro, 23:30
Pub Gatos
The Soul Breakers
29 de setembro, 20:00
Sala La Pecera
The Mirage en concerto
29 de setembro, 22:00
La Fábrica de Chocolate
The Fabulous Resaca Brothers
29 de setembro, 22:00
Sala BâBâr