Evento: Berlai

venres, 7 decembro, 2018 - 22:30
A Arca da Noe
, Vilar de Santos
Concerto que auna música poesía e banda deseñada

Berlai é o primeiro proxecto do Xiao Berlai (Fía na Roca), que uniu o seu talento musical á creatividade do ilustrador Gerardo Torterolo para contar unha historia de soños e amores imposibles en fomato libro-cd.

'Desconhecido' é o seu primeiro froito. Un collage de cancións, debuxos, poemas e secuencias, cunha narrativa paralela de ilustracións, música e poesía. É a historia real dun home descoñecido, solitario, que preferiu vivir a súa vida como se fose un soño. Unha historia que combina unha mestura explosiva de realismo suxo, cru e obsceno co lirismo máis sensible. Onde o romantismo e a historia de amor non conseguen escapar do sexo, da loucura e do desespero. E onde se transforman, no plano musical, en pop-rock con pingas de trad ou mesmo de ska, que nos traen mensaxes intimistas e tamén comprometidas.

En directo, Berlai ofrece un espectáculo único onde se combina a música (cunha banda de cinco artistas), a voz de Xiao e os debuxos de Torterolo para contar a historia de 'Desconhecido'.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Cherry Sweet
26 de xullo, 23:30
A Fundación
Bakin Blues Band
1 de agosto, 23:30
A Ventana
Carla Green & The Demons
6 de agosto, 23:30
A Ventana
Aló Django Cuarteto
9 de agosto, 13:30
Nautico