Evento: Ingar Zach
Ingar Zach
Ingar Zach é un dos percusionistas improvisadores máis relevantes da escea internacional, ademais de compositor e produtor.
É coñecido pola ampla gama de sons que saca do seu instrumento. Toca a percusión dun xeito moi dinámico, cheo de enerxía. Emprega percusión caseira, gongs e dispositivos semellantes. Na actualidade adícase á música improvisada contemporánea e está de xira regularmente por todo o mundo.
Ingar é membro das bandas Dans Les Abres, Mural, Huntsville, No Spaghetti Edition, Flore de Cataclysmo,O3, Looper, Muta ou Labdfield entre moitas outras.
Ademais de traballar con grupos fixos tamén participa en actividades ad hoc con outros músicos e compositores como Jim O’Rourke, Derek Bailey,John Butcher, Otomo Yoshihide, Jaap Blonk, Mats Gustafsson, Evan Parker, John Tilbury ou Kevin Drumm, entre moitísmos outros.
Máis eventos de tipo Concerto