Evento: Xabier P. Docampo (Rábade 1946 - A Coruña 2018)

martes, 10 xullo, 2018 a domingo, 9 setembro, 2018
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
, A Coruña

Xabier P. Docampo (Rábade 1946 - A Coruña 2018)

Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica Xabier Puente DoCampo

Xabier P. Docampo, unha das voces máis singulares da literatura galega e un dos pais da literatura infantil galega contemporánea, deixounos recentemente, a finais deste mes de xuño. 
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995 polo xa clásico Cando petan na porta pola noite, Docampo é autor dunha amplísima obra narrativa. A súa traxectoria viuse ademais recoñecida nos últimos anos con premios como o da Irmandade do Libro ao Autor do Ano no 2009 ou a Letra E da AELG en 2014.

“Fíxenme escritor porque teño memoria de min e dos meus, porque habito a lingua e a infancia, as dúas patrias do ser humano”, escribiu en 2004 para a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que era Socio de Honra.

A biblioteca quere renderlle unha pequena homenaxe cunha mostra bibliográfica que estará dispoñible na Sala Infantil.

Busca a súa obra no catálogo: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Urbtopias
20 de decembro
Museo de Pontevedra
II Xornadas de Novela Histórica
29 de marzo a 30 de marzo
Biblioteca Pública Municipal de Verín
Elige tu propia avenTira
14 de decembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa
14 de decembro
Libraría Sisargas