Evento: Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas
domingo, 2 setembro, 2018 - 10:00
Terminal do ferri,
Bueu

Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Actividade de Monumenta, andar con arte

O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con numerosas rutas durante o ano, pero, nesta oportunidade, Monumenta realizará unha andaina diferente na que se falará sobre conceptos como a paisaxe e a súa relación co mundo da arte. Trátase de ofrecer unha perspectiva diferente sobre o parque natural para aprender a observar o espazo físico desde o punto de vista dun artista.

Urbano Lugrís está considerado o pintor por excelencia do mundo mariño, as lendas autóctonas e o gran coñecedor dos segredos dos mares galegos. E o seu fillo, Urbano Lugrís Vadillo, que morreu o pasado mes de febreiro de 2018, é definido polos expertos como o «espeleólogo da pintura». Nesta andaina, Monumenta proxecta unha aproximación á obra de Lugrís, pai e fillo, narrada coa participación do comisarioXosé Carlos López Bernárdez, da paisaxista Iria Vázquez e da espeleóloga Beatriz Bruna.

Ademáis, escoitarase a DOUS, un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta.

Prazas limitadas a 100 persoas. Inscrición do 27 ao 31 de agosto no web http://monumentagalicia.com/

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Compostela (d)escrita
23 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal