Evento: Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galegas: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino

Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galegas: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino
domingo, 5 agosto, 2018 - 11:00
Antigo colexio da Pasaxe,
A Guarda

Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galegas: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino

Actividade de Monumenta, andar con arte

Tomando como referencia o pioneiro labor científico de Baltasar Merino como botánico e meteorólogo, e analizando a importancia da súa obra para Galicia e para a ciencia de inicios do século xx, abordaremos os distintos ambientes ecolóxicos deste sector da costa galega a través da distribución das súas plantas. Ensinaremos como se fan inventarios e transeptos de vexetación, así como técnicas básicas de herborización. Observaremos as nubes e valoraremos as súas características cara á predición do tempo. Non deixaremos de lado a presentación doutros valores da zona como os arqueolóxicos, etnográficos e de aproveitamento protoindustrial do patrimonio natural.

Cos camiñantes convidados Juan López Bedoya, xeógrafo físico e divulgador científico, e Manuel Anxo Freire Boado, bioxeógrafo e cartógrafo.

Prazas limitadas a 90 persoas. Inscrición do 30 de xullo ao 3 de agosto no web http://monumentagalicia.com/

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Compostela (d)escrita
23 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal