Evento: Música no FICBUEU
Música no FICBUEU
Aínda que o protagonista principal do FICBUEU, o festival de curtas en Bueu, é o cine, a programación complétase tamén con música. Xoel López, De Vacas e Radio Bulebule serán quen encabezarán a oferta musical con cadanseu concerto, aínda que haberá actuacións en directo tamén noutros momentos do certame.
Xoel López ofrecerá un concerto en formato íntimo o venres 7 de setembro, ás 22.30 horas, no Centro Social do Mar, no que presentará o seu último traballo Sueños y pan. De Vacas tocarán ao día seguinte, nos exteriores do Centro Social do Mar, nunha sesión vermú, ás 13 horas, na que repasarán algunhas das súas máis populares versións de temas conocidos. Paco Nogueiras co seu Radio Bulebule chegará o 15 de setembro ás 12.30 horas e cun espectáculo para toda a familia.
Todos os concertos contarán con entrada de balde agás o de Xoel López. As entradas xa están á venta e teñen un prezo de 20 euros.
Máis eventos de tipo Concerto