Evento: Verán no Museo Fortaleza San Paio de Narla
Verán no Museo Fortaleza San Paio de Narla
Este verán, os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo organizan unha morea de actividades para todas as idades, todas elas ideadas para descubrir novos mundos e expresións culturais.
Obradoiros:
Máscaras africanas - 27 de xuño de 11:00 a 14:00h
Coñece a Colección Xoán Anllo. Arte africana, que se expón nunha sala do MPLugo, e inspírate para facer a túa propia máscara africana.
Campamento de arqueoloxía - 5 e 6 de xullo de 11:30 a 13:30h
Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta. Idades de 4 a 12 anos.
Pensa en arte. As pezas falan - 10 de xullo de 11:00 a 14:00h
Nesta actividade os nenos terán que elixir unha peza de entre todas as do museo para logo elaborar a súa descrición, que será gravada para facer unha audioguía do museo, aprendendo que non todo o mundo ten a posibilidade de poder ver as pezas, como é o caso das persoas cegas.
As imaxes lévannos ao camiño da palabra - 11 de xullo de 11:00 a 14:00h
Hai persoas que non poden escoitar ou entender o que nos pode dicir un guía coas súas palabras, por iso os nenos van a crear unas fichas de diferentes pezas, nas que se describan as súas características.
Campamento no Museo Fortaleza San Paio de Narla - 7 ao 10 de agosto de 11:00 a 14:00h
Catro días para descubrir os segredos agochados nas salas desta fortaleza. A través da arte e do xogo propoñemos unha aventura para toda a familia onde poderemos construír, crear e compartir historias.
As pegadas da muller de San Paio - 21 de agosto de 11:00 a 14:00h
Tomando como fío condutor a lenda de dona Catalina, teremos unha experiencia significativa, mantendo vínculos persoais co observado, o aprendido e o vivido no seu entorno.
Iniciación ao gravado. Estampación - 24 de agosto de 11:00 a 14:00h
Actividade colaborativa en grupo, na que cada neno elaborará o seu propio tampón de selado, e que cada compañeiro poderá usar para a súa creación final de estampación.
Máis eventos de tipo Obradoiro