Evento: Verán no Museo Provincial do Mar

  • Museo Provincial do Mar
sábado, 30 xuño, 2018 - 11:30 a xoves, 23 agosto, 2018 - 13:00
Museo Provincial do Mar
, Lugo

Verán no Museo Provincial do Mar

A Rede Museística da Deputación de Lugo organiza actividades durante o verán

Este verán, os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo organizan unha morea de actividades para todas as idades, todas elas ideadas para descubrir novos mundos e expresións culturais.

 

Obradoiros:

DIVERSXS - 30 de xuño de 11:30 a 13:00h

En 73 países aínda seguen a estar penalizadas as relacións afectivas entre persoas do mesmo sexo e ata nos que están xuridicamente protexidas, prodúcense agresións e ataques, tanto directos como indirectos. Todos e todas temos dereito a vivir sen sermos perseguidos, rexeitados, ridiculizados, insultados, afastados, pola nosa condición sexual. Ás veces o medo ao rexeitamento dos demais fai que nos rexeitemos a nós mesmos, e só cando nos aceptemos a nós mesmos, poderemos vivir en liberdade a nosa individualidade. Idade de 4 a 14 anos.

Atando cabos - 4 e 5 de xullo de 11:30 a 13:00h

Nun barco hai moitos cabos cos que se realizan múltiples tarefas: suxeitar os paus, asegurar a carga, manexar o aparello, amarrar o barco... Por iso é moi importante recoñecer os diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e os tipos de nós que son precisos para cada unha delas. Idades de 4 a 14 anos.

Máscaras africanas - 6 de xullo de 11:00 a 14:00h

Coñece a colección Xoán Anllo. Arte africana, que se expón nunha sala do MPLugo e inspírate para facer a túa propia máscara africana. 

Campamento de arqueoloxía - 11 e 12 de xullo de 11:30 a 13:30h

Participa nunha escavación arqueolóxica de verdade dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta. Idades de 4 a 12 anos.

Comer e pensar só é empezar - 12 de xullo de 17:00 a 19:00h

Obradoiro impartido por Leonardo Casado, enfocado ao Club Sénior. Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas tradicionais de Lugo e Arxentina e problematizar a ausencia do patrimonio gastronómico e a invisibilidade de actoras e actores nos museos e historias das súas comunidades.

Que caeu nas miñas redes? - 18 e 19 de xullo de 11:30 a 13:00h

Por desgraza o mar acaba sendo o noso vertedoiro e cada ano máis de 8 toneladas de plásticos rematan no fondo das súas augas. Moitos peixes e animais mariños morren por asfixia ou obstrución das vías dixestivas. A solución a este problema pode estar nas nosas mans e concienciarnos da importancia do mesmo, tratar de xestionar axeitadamente estes residuos e fomentar a reciclaxe son algunhas das tarefas que teríamos que emprender. Idades de 4 a 14 anos.

Campamento no Museo Provincial do Mar - 24 ao 27 de xullo de 11:00 a 14:00h

Imaxina ter a capacidade de poder cambiar a historia movendo unha peza de arte e descubrindo segredos. A través da arte e do xogo coñeceremos o funcionamento do museo, darémoslle a volta e crearemos a nosa propia exposición. Idades de 4 a 15 anos.

Despregando velas - 22 de agosto de 11:30 a 13:00h

Ao longo da historia, as velas tiveron varias formas e foron de distintos materiais, pero grazas a elas os barcos puideron aproveitar a forza do vento para sucar as augas do mar. Todo o que necesitas saber sobre elas e os barcos o poderás aprender neste obradoiro. Idades de 4 a 14 anos.

Coñeces a Cipriana? - 23 de agosto de 11:30 a 13:00h

O pasado baleeiro de Galicia é un feito descoñecido por unha maioría da poboación. Grazas á colección de ósos única no mundo que está no museo poderás saber máis sobre isto. Idades de 4 a 14 anos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Museo Fortaleza San Paio de Narla
Verán no Museo Fortaleza San Paio de Narla
27 de xuño a 24 de agosto
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Pazo de Tor
Verán no Museo Pazo de Tor
3 de xullo a 18 de agosto
Museo Pazo de Tor
Cartel da actividades
Obradoiros de verán 2018
5 de xullo a 30 de agosto
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Campamento STEAM na biblioteca
1 de agosto a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel