Evento: Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego

luns, 5 novembro, 2018 (hora sen determinar) a xoves, 15 novembro, 2018 (hora sen determinar)
Praza do Seixo
, Tomiño

Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego

Exposición itinerante de Os Bolechas

No marco da programación do Ano da Lingua, o departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todas as comarcas da provincia o universo Bolechas para que toda a rapazada poida coñecer a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de todo o país.

Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego propón un itinerario dividido en 12 espazos que, ademais de á aprendizaxe, convidan á experimentación e á diversión. Neles as cativas e os cativos poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral. A mostra, ademais de participativa e didáctica, tamén é inclusiva e multisensorial e atende ás necesidades de todas as persoas, incluso ás daquelas que teñan algún tipo de dificultade ou discapacidade.

Máis eventos de tipo Exposición

hibrido
Híbrido
3 de outubro a 9 de decembro
Zona "C"
Drift
Drift. Miradas cruzadas entre deseño e arte contemporáneo
4 de outubro a 30 de decembro
MAC Museo Arte Contemporánedo Fundación Naturgy
Castelao maxistral
Castelao maxistral
5 de outubro a 3 de marzo
Museo Centro Gaiás
Máis que ler: as bibliotecas do futuro
24 de outubro a 17 de novembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel