Evento: Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as

Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as
xoves, 28 xuño, 2018 - 11:00
Biblioteca Municipal Sagrada Familia,
A Coruña

Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as

Taller de creación da man de O faiado de Nin 

Actividade pensada para que o público asistente participe na creación de elementos personalizados cara as letras e a lectura. O obradoiro está enfocado á adaptación de bolsas ou mochilas para lectores e lectoras, a través de deseños relacionados co mundo dos libros e da lectura. Empregaranse distintos materiais, como feltros, retallos, cintas, abelorios etc, ademais de aportar distintas ideas e modelos, coa vocación de que os participantes lle dean renda solta á súa imaxinación.

Para público a partir de 6 anos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola