Evento: VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais

  • VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais
  • VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais
xoves, 28 xuño, 2018 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela
, Santiago de Compostela

VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais

Concertos e formación de 11 novos talentos da música

O VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais trae a Galicia, do 28 de xuño ao 4 de xullo, un total de 11 novos talentos galegos e internacionais. A iniciativa está promovida pola Asociación Peregrinos Musicais coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.

Os solistas desta nova edición do festival son os galegos Andrea González Pérez, saxofonista; Beatriz Sánchez Morales, frauta; o guitarrista Manuel Pérez Vázquez; Laura Morales Rejas, co violín; Xurxo Morales Varela, saxofonista; Cristina López Iribarnegaray, frauta; Jacobo Ramos Casariego, piano; e Raúl Reyes Fuentes, clarinete. De procedencia internacional chegarán a pianista moscovita Linkova Anna; a violinista francesa Dupille Charlotte Stéphanie Marie; e a holandesa Luna Xiaoli van Leeuwen, tamén intérprete de violín. Todos os seleccionados teñen un alto nivel de excelencia profesional e foron escollidos polas súas habilidades técnicas e interpretativas.

 

Programa

28/06 Gala Concerto de Inauguración. 20:30h. Teatro Principal de Santiago de Compostela

29/06 Concerto – Mestres e laureados I. 20:30h. Salón Teatro.

30/06 Masterclass de violín e clarinete. 10:00h – 14:00h, 16:30h – 19:30h. Paraninfos da USC.

30/06 Concerto – Mestres e laureados II. 20:30h. Salón Teatro.

01/07 Concerto – Peregrinos Musicais en Catedral. 20:30h. Catedral de Santiago de Compostela.

02/07 Concerto novos talentos. En colaboración coa Sociedad Filarmónica Rías Baixas. 20:30. Auditorio de Sanxenxo.

03/07 Concerto extraordinario. 20:30h. Teatro Principal de Santiago de Compostela.

04/07  Concerto – Os novos solistas tocan coa Real Filharmonía de Galicia. 20:30h. Auditorio de Galicia.

Máis eventos de tipo Festival

Bar-Tolo Is Not Dead
9 de xuño a 29 de decembro
Sala Malatesta
FIOT Carballo
FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro
28 de setembro a 31 de outubro
Varios espazos da vila
FestiVal das Brétemas
FestiVal das Brétemas
28 de setembro a 29 de setembro
Feira Vella