Evento: 60 aniversario Enrique X. Macías (1958-1995)
60 aniversario Enrique X. Macías (1958-1995)
Dentro da programación das Xornadas de música contemporánea, o luns día 25 lembrarase o 60 aniversario do nacemento en Vigo do compositor Enrique X. Macías, quen finou en 1995 aos 37 anos. En primeiro lugar haberá unha charla co título Macías e Portugal. Unha ollada próxima, na que participarán Manolo Romón, actor, presentador e escritor; Pedro Amaral, compositor e director de orquestra; Javier Macías, irmán de Enrique X. Macías; e como moderador, Paco Yáñez, crítico de mundoclásico.
Ás 20:30 horas haberá un concerto, Itinerario de luz, a cargo de Vertixe Sonora, baixo a dirección de Pedro Amaral e co apoio do Centro de Investigação & Informação da Música Portuguesa – MIC.PT.
Programa do concerto
I
Adhuc (1992/93)
Clarinete, trompa, vibráfono, sintetizador, violín, violoncello
Cadencias e Interludios /Percurso I (1992)
Piano só e electrónica en tempo real
II
Itinerario de luz (1994/95)
Frauta, clarinete, trompa, violín, viola, violoncello, electrónica en tempo real
Formación de Vertixe Sonora
Clara Saleiro - frauta
Daniel Veiga - clarinete
Jorge Fuentes - trompa
Mario Peris - violin
Iriana Fernández - viola
Ailsa Lewin - violoncello
Haruna Takebe - sintetizador
David Durán - piano
Diego Ventoso - vibráfono
Ángel Faraldo - electrónica
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso