Evento: Os Bolechas e o amigo Monte

Os Bolechas e o amigo Monte
sábado, 16 xuño, 2018 - 19:00
Teatro Lauro Olmo,
O Barco de Valdeorras

Os Bolechas e o amigo Monte

Libre ata completar capacidade

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos vivirán a canda os nenos e nenas de 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística unha nova e divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. O obxectivo é fomentar, a canda a educación ecolóxica dos cativos e cativas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas acerca do monte, da súa fauna e da súa flora. De xeito transversal trataranse cuestións como o traballo en equipo, a colaboración, fomento de prácticas saudables e, por suposto, habilidades lingüísticas en galego. 

O espectáculo mestura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para alumnado de educación infantil e primaria. A duración media da función está arredor dos 60 minutos.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril, 20:30
Auditorio Afonso Eanes - Negreira - A Coruña
'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
3 de maio, 18:30
Auditorio de Valga - Valga - Pontevedra
'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
4 de maio, 12:00
Salón García - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
4 de maio, 19:30
Auditorio do Carballiño - O Carballiño - Ourense