Evento: Os Bolechas e o amigo Monte

sábado, 16 xuño, 2018 - 19:00
Teatro Lauro Olmo
, O Barco de Valdeorras

Os Bolechas e o amigo Monte

Libre ata completar capacidade

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos vivirán a canda os nenos e nenas de 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística unha nova e divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. O obxectivo é fomentar, a canda a educación ecolóxica dos cativos e cativas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas acerca do monte, da súa fauna e da súa flora. De xeito transversal trataranse cuestións como o traballo en equipo, a colaboración, fomento de prácticas saudables e, por suposto, habilidades lingüísticas en galego. 

O espectáculo mestura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para alumnado de educación infantil e primaria. A duración media da función está arredor dos 60 minutos.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

A casa do terror
31 de agosto, 18:00
Cada da Cultura do Milladoiro
A casa do terror
2 de setembro, 12:00
Praza do Prado (no salón nobre, en caso de choiva)
A casa do terror
2 de setembro, 19:00
Auditorio Manuel María da Casa da Cultura
A casa do terror
7 de setembro, 18:00
Praza de San Martiño (no Auditorio Municipal, en caso de choiva)