Evento: Obradoiros de verán
Obradoiros de verán
Nos meses de xullo e agosto contaremos con dous obradoiros en distintas datas de edición ao que se poderán anotar os máis novos. O período de inscrición é:
- Xogar coa arte, impartido por Arte e y Garbato, dende o 7 de xuño. Catro datas de edición: do 2 ao 5 de xullo, do 9 ao 12 de xullo, do 16 ao 19 de xullo, do 23 ao 27 de xullo. Horario de 11:00 a 13:00 h. Para nenas e nenos de 4 anos en adiante.
- Campamento STEAM na biblioteca, impartido por FabLab, dende o 19 de xuño. Dúas datas de edición: do 1 ao 14 de agosto e do 20 ao 31 de agosto. Horario de 10:30 a 13:30 h. Para nenas e nenos de 7 a 12 anos.
As inscricións, como é habitual, serán presencialmente na recepción da biblioteca ou no teléfono 886 120 440.
Máis eventos de tipo Obradoiro