Evento: Música e arte. Correspondencias sonoras

martes, 19 xuño, 2018 -
12:00 a 20:30
Centro Galego de Arte Contemporánea
, Santiago de Compostela

Música e arte. Correspondencias sonoras

Ciclo co que explorar novas expresións creativas

A celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) serve unha vez máis como punto de partida do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

Esta nova edición incorpora actividades didácticas coa realización de ensaios xerais abertos a escolares e actividades específicas para estudantes de música, xunto aos habituais ensaios abertos ao público e as conversas cos compositores.

A edición do 2018 inclúe trece novas obras de compositores procedentes de Alemaña, Arxentina, Canadá, Colombia, España, Estados Unidos, Israel, Italia, México e Rusia.

 

Programa

 

15 de maio

Celebración do Día Internacional dos Museos (DIM)

12:00-13:00 horas: Concerto didáctico para centros escolares 

19:30-20:00 horas: Conversa cos compositores

20:00-20:15 horas: Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música 

20:30 horas: Concerto Magnetismo, coas pezas Sonata magnética, de Teresa Treccozzi, e Your Body... Your Voice, de Giovanni Santini.

 

19 de xuño

12:00-13:00 horas: Concerto didáctico para centros escolares 

19:30-20:15 horas: Conversa cos compositores

20:00-20:15 horas: Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 horas: Concerto El palacio de las tres historias, sobre a mostra de Carlos Garaicoa. Por Leonardo Idrobo. 

 

30 de outubro

12:00-13:00 horas: Concerto didáctico para centros escolares 

19:30-20:15 horas: Conversa cos compositores

20:00-20:15 horas: Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 horas: Concerto Xeografía do tempo, sobre a exposición de Bleda e Rosa. Con Victoria Cheah, Marta Gentilucci, Ben Davis e Or Shemesh.

 

18 de decembro

12:00-13:00 horas: Concerto didáctico para centros escolares 

19:30-20:15 horas: Conversa cos compositores 

20:00-20:15 horas: Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 horas: Concerto - exposición Juliáo Sarmento. Con Lesley Hinger, Christian Märkl, Dariya Maminova e Daniel James Miller.

Máis eventos de tipo Concerto

A fábrica dos soños
25 de xaneiro
Palacio da Ópera
Real Filharmonía de Galicia
25 de xaneiro
Teatro Principal de Ourense
Orquestra Vigo 430
25 de xaneiro
Teatro Afundación Vigo
Sara Ruíz
Sara Ruíz
25 de xaneiro
Teatro Colón