Evento: Wendy vai a México, un cómic sonoro

xoves, 14 xuño, 2018 - 20:00
Antiga capela do campus universitario de Ourense
, Ourense

Wendy vai a México, un cómic sonoro

Actuación do ciclo Do Audible

Na súa sexta edición, o ciclo Do Audible leva a Ourense un concerto arredor da literatura e da improvisación electroacústica. Procedente de Austria, Natascha Gangl, dramaturga e creadora de instalacións teatrais, presentará xunto ao dúo electroacústico Rdeča Raketa un cómic desbordante de enerxía baixo o título Wendy vai a México.

A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a agrupación Vertixe Sonora Ensemble, composta por solistas de música contemporánea, xente do teatro e a danza de Galicia e Portugal, organizan de forma conxunta o ciclo Do Audible, no que buscan achegar novas formas de expresión contemporáneas a través da música, en diálogo coa arte, coa ciencia e co pensamento. Toda a programación é de entrada gratuíta ata completar a capacidade.

Máis eventos do ciclo Do Audible

Manifesto Gutai
23 de outubro, 20:00
Paraninfo da Universidade da Coruña
Koan
10 de novembro, 20:00
Vello Cárcere