Evento: Ferrados de letras
Ferrados de letras
Festival no que se poderá gozar da música tradicional con varios colectivos da asociación (Cantareir@s.comTIGO, Bailador@s da vida, Pandereteir@s da paz) e o grupo Parabéns.
O colectivo Recitador@s de soños achegará a poesía de María Victoria Moreno.
Na edición deste ano celebrarase tamén a vixencia da obra de Eduardo Pondal a través dunha versión reducida de Pondaliana, un espectáculo musical que creou e presentou a Sociedade Cultural Medulio en 2017 para conmemorar o poeta: poderase escoitar doce poemas musicados e un preludio nas voces de Alberte L. Porta, Xoán Padín e Lidia Piñeiro, que musicaron gran parte dos temas; Roberto Vázquez Fernández representará o Pondal novo e o Pondal vello; canto aos instrumentos, estarán Fausto Escrigas (gaita, saxo, percusión), Alberte Núñez (acordeón) e Alberte López Porta (guitarra).