Evento: PortAmérica 2019

xoves, 4 xullo, 2019 (hora sen determinar) a sábado, 6 xullo, 2019 (hora sen determinar)
Caldas de Reis
, Caldas de Reis

PortAmérica 2019

Oitava edición do festival

O Festival PortAmérica celebra a súa oitava edición nos días 4, 5 e 6 de xullo de 2019.

PortAmérica é un encontro que trata de conectar musical e socialmente os dous lados do Atlántico e, ao mesmo tempo, exercer de plataforma para todos os grupos galegos emerxentes que necesitan oportunidades para despegar de forma definitiva.

A oitava edición do festival inclúe unha coidada selección de artistas de primeiro nivel de toda Europa e Latinoamérica. O resultado son tres días de música independente, que oscila desde o pop máis melódico ao rock puro de guitarra, o punk ou o son electro.
O cartel desta edición está formado por Calamaro, Carlos Sadness, Rozalén, Madness, La Casa Azul, Depedro, Sidecars, Mon Laferte, Zahara e Vega, entre outros moitos.

Máis eventos de tipo Festival

Cineuropa
7 de novembro a 28 de novembro
Varios espazos
Festival de Jazz
9 de novembro a 16 de novembro
Diferentes localizacións
Festival Super Bock Under Fest - Abono 2 Días
22 de novembro
Varios Recintos Vigo
Autumn Alive
22 de novembro
Sala MasterClub