Evento: ¡Mírame! Retratos e outras ficcións na Colección la Caixa de Arte Contemporáneo
¡Mírame! Retratos e outras ficcións na Colección la Caixa de Arte Contemporáneo
Trátase dunha mostra colectiva que explora o retrato, un dos xéneros máis tradicionais da arte, a través dun número considerable de obras da nosa época. Pinturas, fotografías, esculturas e vídeos, debuxos e instalacións forman un labirinto de miradas que convida os espectadores a reflectirse eles mesmos no espello social dos retratos.
Nesta exposición participan unha serie de artistas de todas as nacionalidades, estilos e tendencias: Ana Laura Aláez, Janine Antoni, Juan Navarro Baldeweg, Jean-Michel Basquiat, Christian Boltanski, Victoria Civera, Rineke Dijkstra, Marlene Dumas, Esther Ferrer, Günther Förg, Curro González, Stefan Hablützel, Roni Horn, Sharon Lockhart,Pedro Mora, Vik Muniz, Óscar Muñoz, Bruce Nauman, Carlos Pazos, Cindy Sherman,Antoni Tàpies, Gillian Wearing e Sue Williams.
Máis eventos de tipo Exposición