Evento: María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes
María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes
María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes é unha mostra que rende tributo a María Victoria Moreno, autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, e que lle achega á cidadanía a súa figura, vida e obra. A exposición recolle a visión que varios ilustradoras e ilustradores galegos teñen dalgunhas das obras de Moreno
A mostra arranca en abril na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, a súa primeira parada nunha itinerancia que a levará por diferentes concellos de Galicia. Tras Santiago viaxará a Ferrol, Vigo ou Lugo, entre outros concellos.
A exposición contou coa coordinación de David Pintor. O humorista gráfico, ilustrador e pintor coruñés é o autor da imaxe central da mostra, que, no seu conxunto, se basea no diálogo gráfico de oito ilustradores galegos de prestixio con outras tantas obras de María Victoria Moreno, concretamente con O cataventos, A festa no faiado, Anagnórise, Mar adiante, Un cachiño de bica, Guedellas de seda e liño, Leonardo e os fontaneiros e A brétema.
Máis eventos de tipo Exposición