Evento: María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes

mércores, 13 xuño, 2018 (hora sen determinar) a martes, 26 xuño, 2018 (hora sen determinar)
Biblioteca Pública de Lugo
, Lugo

María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes

Homenaxe á escritora do Día das Letras Galegas 2018

María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes é unha mostra que rende tributo a María Victoria Moreno, autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018, e que lle achega á cidadanía a súa figura, vida e obra. A exposición recolle a visión que varios ilustradoras e ilustradores galegos teñen dalgunhas das obras de Moreno

A mostra arranca en abril na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, a súa primeira parada nunha itinerancia que a levará por diferentes concellos de Galicia. Tras Santiago viaxará a Ferrol, Vigo ou Lugo, entre outros concellos. 

A exposición contou coa coordinación de David Pintor. O humorista gráfico, ilustrador e pintor coruñés é o autor da imaxe central da mostra, que, no seu conxunto, se basea no diálogo gráfico de oito ilustradores galegos de prestixio con outras tantas obras de María Victoria Moreno, concretamente con O cataventos, A festa no faiado, Anagnórise, Mar adiante, Un cachiño de bica, Guedellas de seda e liño, Leonardo e os fontaneiros e A brétema.

Máis eventos de tipo Exposición

Mostra sobre cerámica en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia
A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico
10 de novembro a 31 de outubro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Foto Mar Caldas
Facedoras de Bueu
16 de maio a 30 de setembro
Museo Massó
Colección CGAC 25
Colección CGAC 25
1 de xuño a 30 de setembro
Centro Galego de Arte Contemporánea