Evento: (S8) 9ª Mostra de Cinema Periférico
(S8) 9ª Mostra de Cinema Periférico
O (S8) se celebra na Coruña a primeira semana de xuño, coa vontade de traer á cidade un festival de cine internacional cun concepto único no panorama do noso país, que se olla no espello de citas mundiais como Róterdam, Oberhausen, Ann Arbor, Media City, o Images Festival (Toronto), 25 FPS (Zagreb), la Viennale, Courtisane ou Vila do Conde.
O nome da Mostra, unha alusión directa ao Super 8, é o espírito que guía a cita. Este formato de cine doméstico personifica as características do tipo de cine que desde aquí se defende. Un formato analóxico, persoal e popular que, ademais de conservar a memoria recente, permitiu florecer a independencia e a liberdade necesarias para os primeiros pasos de cineastas hoxe recoñecidos mundialmente.
Materialízase este espírito en diversas seccións que reflicten o máis estimulante do panorama audiovisual actual, e que recollen traballos fundamentais da historia do cine. A música, as artes escénicas e as artes plásticas tamén teñen o seu lugar na Mostra a través de instalacións e performances que reflicten a continua retroalimentación entre as diversas disciplinas artísticas. Á súa vez, a didáctica xoga tamén un papel crucial no (S8), a través de actividades como as presentacións, obradoiros e encontros profesionais que dinamizan a actividade diaria da Mostra, e que a converten nun acontecemento estreitamente ligado á participación cidadá.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual