Evento: Camiños

venres, 19 xullo, 2019 - 20:30
Parque do Muíño
, Baños de Molgas
Concerto para público infantil e xuvenil de Magín Blanco

CAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ao publico infantil e xuvenil.

Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.

CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimento para os nenos e as nenas.

A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magin, os novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Contos a pé de rúa
24 de xullo, 20:00
Centro cultural municipal
4.0
24 de xullo, 20:00
Parque de San Francisco
Soul&Roll
24 de xullo, 23:00
Aira de Arriba
Frik&Paldis
25 de xullo, 14:00
Praza do Portal