Evento: Guezos en concerto
Guezos en concerto
Guezos presenta una colección totalmente nova de cancións, produto dun longo traballo de estudio e preproducción a conciencia de cada tema.
Novas cancións para un directo máis que consolidado durante 15 anos de traxectoria, con 5 discos de estudio, 2 recompilatorios, programas de tv, radio...
En 2015, Guezos presenta o EP Un longo Camiño con 4 cancións gravadas en Xilgaro Estudio.
Pero Guezos tamén é un grupo de directo, posto que a banda ten percorrido os mellores festivais do país coma o Festival do Mundo Celta de Ortigueira (en dúas ocasións) ou en actuacións en Portugal, Andorra ou o resto de España.
Nun concerto de Guezos pódese atopar dende rock, folk ata reggae, pingas de ska, e de calquera tipo de música, facendo dos concertos algo moi entretido e participativo.
Máis eventos de tipo Concerto