Evento: Asaf Avidan

Asaf Avidan
xoves, 19 abril, 2018 - 22:00
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Asaf Avidan

Avidan visita por vez primeira Galicia

Avidan, quen visita por vez primeira Galicia, caracterízase por un rexistro vocal andróxino que, segundo a prensa especializada, ben pode evocar tanto a Jeff Buckely como a Nina Simone. Tras os seus inicios percorrendo os escenarios do seu país con Now That You’re Leaving, o seu primeiro EP, e a creación da súa banda, Asaf Avidan and the Mojos, o artista retomou a súa carreira en solitario.

A fama internacional chegoulle co número 1 que obtivo en 14 países e os 179 millóns de visionados de One Say/Reckoning Song, un dos seus antigos temas, a raíz do remix realizado por un fan. O éxito desta versión e a publicación do disco Gold Shadow en 2015 conseguiron que a súa carreira dera un xiro situándoa ante novos horizontes.

A venda anticipada de entradas para velo este xoves en Santiago de Compostela está operativa nos webs de Ataquilla e Ticketea.

Máis eventos de tipo Concerto

Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Concerto
20 de xullo
Carballeira de Parga
Maxicamente
20 de xullo
Praza Maior