Evento: Saaabor!

sábado, 16 marzo, 2019 - 18:00
Centro cultural e xuvenil
, Muros
Espectáculo familiar a cargo de Culturactiva

Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia. 

Félix Rodríguez é un actor e músico cunha ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou en máis de 20 montaxes con compañías como Os Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca.

Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias dos padais máis esixentes.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Comenoites
24 de marzo, 12:00
Pazo da Cultura
Os fabulosos Cleaners
24 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal de Vigo
Patapatúm 
24 de marzo, 19:00
Teatro Jofre
Commedia
24 de marzo, 20:00
Auditorio Municipal Hernán Naval