Evento: Blues do País en concerto

sábado, 21 xullo, 2018 - 11:00
Aira de Arriba
, Baños de Molgas

Blues do País en concerto

Concerto de versións de blues adaptadas á idiosincrasia galega

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.
Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non?
Pois si!
I had a dream. Etta James mariscando en Cabo da Crus. B.B. King nun furancho de Redondela. Castelao e Eric Clapton escribindo Old Men Shouldn't fall in love.
 
Oh yeah!
Si, ho!

 

Máis eventos de tipo Concerto

Salto
13 de decembro
Clavicémbalo
Javier Perianes
13 de decembro
Teatro Principal de Ourense
Orquesta Sinfónica de Galicia
13 de decembro
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Niño de Elche
13 de decembro
Teatro Colón