Evento: A volta a Galicia en 313 concellos

sábado, 16 xuño, 2018 - 18:00
Pedroso
, Narón

A volta a Galicia en 313 concellos

Espectáculo de maxia do Mago Antón

O mago Antón neste 2018 emprende unha nova aventura no magomóbil que pretende achegar a maxia a todos os concellos de Galicia.

O magomóbil é un vehículo deseñado para a presentación de espectáculos de maxia para un máximo de 70 espectadores por función.

Faranse seis funcións en horario de mañá e tarde. 50 minutos de espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares) no que se suceden a un ritmo trepidante unha ducia de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Foto do mago deimi
Apren-Deimi
23 de xuño, 18:00
Auditorio Escairón
Os contos da festa no faiado
23 de xuño, 19:30
Parque Ansuiña
Os Carunchos
23 de xuño, 22:00
Vilanova
Bambolina
24 de xuño, 17:30
Siador