Evento: Contos a pé de rúa

venres, 13 setembro, 2019 - 19:00
Praza de Porta do Sol
, Ribeira

Contos a pé de rúa

Contacontos a cargo de Caxoto

Un particular barrendeiro municipal chega á praza para acometer a súa función pública co mellor dos ánimos. Ante a contrariedade de atopar a praza chea de xente, colga durante un intre a súa vasoira de xestas e disponse a compartir historias xogos e cantigas coas que facer participar activamente ó público presente.

Caxoto Contacontos seleccionará, entre o seu amplo repertorio de contos, aqueles que máis se axeiten ó público e ó lugar presente intercalando entre medias xogos e cantigas coas que involucrar a toda a familia.

Un espectáculo fresco e dinámico ideal para complementar unha axenda cultural.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Falo porque me peta
26 de setembro, 18:30
Auditorio Servizos múltiples
Inexplicable (Un engano entretido)
27 de setembro, 10:00
CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela
Clone of Inexplicable (Un engano entretido)
27 de setembro, 10:00
CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela
Monólogo de David Perdomo
27 de setembro, 20:00
Casa da Cultura- Museo do Humor