Evento: Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo

  • Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo
Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo
xoves, 3 maio, 2018 a sábado, 5 maio, 2018
Fundación Torrrente Ballester ,
Santiago de Compostela

Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo

Unhas xornadas para descubrir o que aportan os cafés

As xornadas parten da base do café e a súa historia e marcan a posta en valor destes establecementos como un patrimonio, saíndo dun pasado, analizando o presente e debatendo sobre as pautas para o seu futuro.

Ao longo de tres días, diferentes expertos de áreas diversas do coñecemento abordarán a historia dos cafés, o seu peso cultural ou a importancia que teñen na xestión turística. Así, por exemplo, abordarase dende o patrimonio hostaleiro en Galicia ata a cociña con café, pasando polo patrimonio cultural e histórico dos cafés, as rutas polos cafés históricos, o fenómeno da tertulia ou o peso da cultura do café na literatura romántica.  

A inscrición é de balde ata completar capacidade. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes