Evento: Mar adiante! Filipa cos contos

Mar adiante! Filipa cos contos
xoves, 19 xullo, 2018 - 18:00
Piscinas municipais,
Sober

Mar adiante! Filipa cos contos

Espectáculo infantil a cargo da compañía Bandullo Azul e Fran Campos

Espectáculo “unipersoal”… ou non. Unha sesión “flipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que comparten escenario: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido grazas á súa experiencia. 

Na posta en escena deste 2018 prestarase especial atención á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e á súa obra narrativa Mar adiante. Para tal fin adaptaranse contos incluídos nesta escolma.

E para completar o espectáculo, historias e contos do repertorio tradicional e popular. Contos “flipantes”, "contos cantados" acompañados da guitarra e xogos co público. Fran Campos e  Filipa, os dous, e cada un ao seu xeito, farán posible unha sesión de contos dirixida a un público familiar e participativo; tanto cativos como maiores poderán gozar, aprender e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona