Evento: Mar adiante! Filipa cos contos
Mar adiante! Filipa cos contos
Espectáculo “unipersoal”… ou non. Unha sesión “flipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que comparten escenario: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido grazas á súa experiencia.
Na posta en escena deste 2018 prestarase especial atención á escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e á súa obra narrativa Mar adiante. Para tal fin adaptaranse contos incluídos nesta escolma.
E para completar o espectáculo, historias e contos do repertorio tradicional e popular. Contos “flipantes”, "contos cantados" acompañados da guitarra e xogos co público. Fran Campos e Filipa, os dous, e cada un ao seu xeito, farán posible unha sesión de contos dirixida a un público familiar e participativo; tanto cativos como maiores poderán gozar, aprender e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares.
Máis eventos de tipo Espectáculo