Evento: Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Varias semanas de actos no aniversario do seu pasamento
Polo aniversario do falecemento de Ricardo Carvalho Calero, Ferrol acolle unha serie de eventos culturais que recuperan a súa memoria.
O programa inclúe as conferencias Carvalho: o profesor e o lingüista, a cargo de Xosé Mº Dobarro e Aurora Marco (5 de abril); Carvalho: o estudoso da literatura, por Enrique Dacosta (12 de abril); A acción política de Carvalho, de Bernardo Máiz Vázquez (19 de abril) e O criador literario, de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer (26 abril). O 10 de maio proxectarase o documental Vieiros de Esperanza.
As semanas de eventos rematarán cunha Xornada lúdico festiva o 18 de maio, con poesía e música.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso