Evento: Cidade Imaxinaria Primavera
Cidade Imaxinaria Primavera
Cidade Imaxinaria Primavera
Maxia e diversión na Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura acolle Cidade Imaxinaria Primavera, unha xornada familiar gratuíta chea de maxia e diversión con espectáculos, música e xogos. En total, serán catro horas de actividades ininterrompidas con treboadas de confeti de cores dentro de burbullas xigantes, espectáculos ou xogos tradicionais. A xornada coincidirá coa celebración do Día Internacional do Circo, o que asegura a presenza de malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis ou clowns.
O evento contará con postos de petiscos e larpeiradas e cun reforzo no servizo de buses urbanos que se suman ás habituais Liñas 9 e 11 para facer máis doado chegar á Cidade da Cultura.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular