Evento: Inda canto
Inda canto
Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Durante ese tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
Treixadura está formado por:
Toniño López: tambor e pandeireta
César Longa: acordeón
Paulo Nogueira: gaita e percusións
Magoia Bodega: gaita e bombo
Xaquín Xesteira: gaita e percusións
Máis eventos de tipo Concerto